martes, 24 de julio de 2012


 Cementerio de Sada



En esta vista panorámica podemos ver el cementerio de Sada en el alto del campo, (una cerradura en forma de cuadrado,) casi enfrente más abajo, vemos la escuela de Sada y sus contornos, en esta foto podemos ver el cambio de Sada no había edificación ninguna, y como se aprecia no había carretera para el puerto,solo la carretera para Fontan y dirección Coruña por Mera.

Las obras del Cementerio de Fiunchedo, fueron adjudicadas a D. Manuel Louzán Rodriguez, por la suma de 7.485 Ptas y fueron terminadas en Noviembre de 1908.

Antiguamente se enterraba alrededor de la Iglesia de Sada Darriba y se pagaba POR LAS SEPULTURAS, así que el Párroco de entonces D. Jerónimo Rey Martinez escribía asi en el año 1909.Desde el primero de Enero de este año, no se cobrarán los derechos de sepulturas en el atrio de la Iglesia, por inaugurarse el nuevo cementerio de Fiunchedo, costeado por la Diputación Provincial y el Ayuntamiento

El progreso fue tan impresionante, que el cementerio de estar en solitario, paso a estar rodeado de chales,ya no vale decir descansan en paz.

8. Aparellos de pesca



Playa de Morazón, en plena pesca

Bou: era un aparello de arrastre cas autoridás da Mariña non deixaban traballas con íl,por sere unha raspeira, pois por onde pasaba, arrasaba tudo. Estaba consentido como patexeiro,era o aparello dos probes e, graceas a íl,houbo pan en moitos fogares. Dende a pedra das Anemas e por fóra da illa,Pulgueira prá terra, tudo era verdello, tan medrado, como o trigo no mes de Maio. Nel, cobixaba tódolos peixiños que había na ría, chocos,calamares,salmonetes,linguados, fanacas e outras crases.

Cando os mariñeiros non podían sair a mares lonxes,sempre tiñan o verdello ó pé da porta, para despóis de moitos lances, pescar para sair do día.

Co bou, no inverno e na ensenada de Cirro, en Lorbé, téñense pescado milleiros de centolas nunha noita. Chegado o vrau, nas praias de Valdoviño. Cobas, Chanteiro e outras,carregábanse as embarcaciós de patexo ( cangexo que servía para abonar as terras). Cada lancha arrimaba o seo costado catro ou seis carros con cainzos do pais que, tirados por unha parexas de bois,facian chirriar os eixes dos carrros co peso que levaban.

Palangre: Encarnaban os anzols con chóco, parrocha ou xurelos,dende Ortegal a Fisterra, toda a “Costa da Morte”, ensenadas, furnas, pedra a pedra, conociánas os mariñeiros de Sada,que boas caladas de concríos teñen desembarcado no muro da Cruña.

Boliche: O mesmo có Bou, foi arredado do mar por sere aparello de arrastre.Poden falar dil as praias de Miño, Arnela, Morazón e outra; iste aparello,endenantes de largalo ,xa de vispra,había que gañar a “ posta”. Consistía en ire coa lancha á praia unde se queria dar o lance,levantar un remo e deixalo caer ó mesmo tempo berrando-!postaaa!- era a siñal ca “posta” estaba gañada,e xa ninguén podía pescar alí.

Ó outro día largar cabos á terra e alar do aparello, homes mulleres e nenos.Despois,ó raer,facíanse o reparto da cazola, que sería maís ou menos abundante asegún o que se pescase. Nas praias onde houbera bañeiros,tamén istos metían mán ós cabos e tiraban dos aparellos.Algún calamar,salmonete ou lenguado levaban prá casa. Prós bañeiros, cando o boliche estaba largo, era un espeutáculo que non deixaban de ver.

XEITO: É o aparello más probe, pois non facía mal a ninguén; armábanse de algunhas pezas que se xuntaban unhas a outras, antepor de largado, tendíase a todo ó longo no mar e cóte ó través da corrente, buscando a aguazón.Rede de frío endevre, cotada a dúas traias, a da pedreira ia do corcho, cun alto de cinco brazas. Na traia de corcho, repartíanse boias de dez en dez brazas as que servían para ter a rede aberta e non tocase no fondo cando o calado era moito.
Iste aparello tiña tres lances: o asexo,despóis da posta do Sol; o amanexo, antes de abrir o día. ia galga, cando Sol estaba alto.
Ó escurecer,saían pró mar os xeitos. Se facía vento, tódalas lanchiñas e botes izaban as súas velas;se estaba calma, armaban os remos, e bogando,buscaban ús e outros a maneira de largar sin empezer. Si se corría a soa de que en Coitelada andaba a sardilla, para aló ían todos; que se na praia de Miño, pois a largar dende Gandarío para fóra.
Xá de noite,cada embarcación ía por aceso ó seu farol e, de verdade,asomellaban as lanchiñas no mar ,un pobo en día de festa. Despoís de largalo o xeito, o peixe quedaba mallado e tiña o seo tringulís para sabere devagalo: non lle romper a cabeza nin lle abrir as agallas.Iste aparello tilla os seus nemigos; eran os delfís ias fouliñas;istos peixes, ó fitar as sardiñas malladas na rede,brincaban dispostas prá esmorgar.Foguetes e tumbos nas lanchas para facer fuxilos,mais por unde iles pasaban, levaban diante deles anacos grandes de rede.Facían moitos derramos nos aparellos.
Sada,Ares e Redes eran os dous portos unde había xeitos, cando todos saían ó mar,enchían a ría. Para enxoitar as redes,tiñan unhas cábrías que eran us paus de pino cravados na ribeira.
Os derramos nos aparellos,cando os buracos eran grandes,cosíanse con anacos dunha pezá vella.
Rapeta:O mesmo ca tarrafa e racú,son aparellosde cerco con traias e xaretas que cerra o saco pola pedreira,quedando ansí o peixe embolsado.
Istos eran os aparellos que, con fartura,enchían os pios das fábricas de conservas e salazós.O mesmo cercaban sardiña, parrocha, bocarte,xurel, xarda,lubina,calamar e todo o que se meta no saco,largaban os aparellos mesmo de noite que tamen polo día.De noite,ó arder as aguas,os mariñeiros coñecían a crase e cantidade de peixe que había, por onde iles pasaban.
Cunha choupada qur se dese, se había peixe,acendíase as aguas do mar intre que se aproveitaba para facer o lance. De día, o cerco facíase cando o mascato, aro,ou gueivota, dende o alto ceíbábanse o mar,alí atopábase o arreallo ou mansio.
A lancha da rapeta levaba dez ou doce homes,con cinco remos por banda, máis o do patrón.Dous eran os largadores,o da pedreira ia do corcho. O largador do cor cho,que ter forza,pois,ademáis de largar as traias do corcho, tiña que coller brazados de rede e ceibalos, candomáis lonxe do costado da lancha, moito millor.
Racú: f, mais cativo cá rapeta, e por iso largábase onde a rapeta non o podía facer.
Tarafa: Unha rapeta embarcada nun barco con caldeira de vapor, que mesmo traballada na ría que ía lonxe en percura de atopar o peixe. As tarrafas, buscaban os mansíos ou arreallos en lonxes mares.
Non tiñan falla de radar, nin outros trebellos eleutrónicos, para saber onde estaba o peixe, facendo o arreallo ou mansío.Son as fouliñas e delfís os que fan,escomenzan a dar voltas e máis voltas, hastra xuntar o peixe,mesmamente o que fai o cán do pastor para xuntar as ovellas, telas no pacedoiro ou levalas prós corrás; ansí fas as fouliñas e delfís,pra unha vez o peixe xunto, ir pouco e pouco zampando nel. Maís istos eran descobertos por outros animaliños que voando moi outo,xuntaban as ás, para deixarse cair no mar e ir comendo o que deixaban as fouliñas e delfís. Eran os mascatos, alcatrás e gueivotas.Istos famentos voadores eran os que, dende lonxe, se deixaban ollar polas tarrafas, as que botando carbón ó forno ia toda máquina, ían a onde estaba a arreallo, facendo fuxir as fouliñas e golfís para facer o cerco.
A Rapeta da braba:era coma o bou, pro con máis alto de perna e menoa copo,ou saco, e tamén a maia meirande.Largábase nas praias de moita rmpenta: Froixela, Palleiro. Santa Comba,.Pantín e outras. Tódolos mariñeiros tiñan que sere moi bos, pois unha pequena falta mariñeira, podía poñer en peigro a vida dos compañeiros. Pradar o cabo á terra, entraban na praia de popa,ciando e fitandoo golpedemar,Ó bricar o home á terra co chicote do cabo, bogan con toda a forzapra fóra,largando cabo e rede e volta outra vez prá praia. Alan polas dúas pernas faiase o cerco e a embalsar o que houbese no cópo; sargos, rodaballos,róbalos e robalizas.
Tramallos, betas,medio mundos, liñas, nasas e paxe,eran os aparellos que tiñan os mariñeiros de Sada.

   Tal e como o escribíu Emilio Santos.                      

viernes, 13 de julio de 2012

Sigue siendo, mi rincón preferido




Con el paso de los años, sigue siendo precioso.

AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA



    AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA  


A comenzos do século 20 e endenantes, viñan a Sada as bañeiras nos primeiros días do vran, en perfeuta ringleira en carruaxes tirados por cabalos. Viñan tomar ús baños en percura de facer ben ó reumatismo e outros doores.
Traguían con iles: ovos, xamón, chourizos, touciño e pan de millo ou centeo, para nove días. Os baños tiñan que sere un após de outros, sin esquencer un, chovese ou fixera sol, nove días, nove baños.

As casas de moitas familias de Sada combertiase en pousadas das bañeiras; as cociñas eran pra todos. Pola noite, estraban palla ou folla de mainzo no chan, ia dormir todos xuntos.

Na praia,cando tiñan que poñerse espidas, xuntábanse unhas a outras e, cunha sáboa, tapándose namentras ían polo bañador que, a máis das vegadas, era un saco dos da fariña con tres buxeiros na cueira, o buxeiro da metá servía para meter a cabeza, e polos currunchos os brazos. Abofé era unha peza xeitosa e folgadiña. Algunha que era algo costureira, facíalle o saco un ribete por tódalas veiras,duns coores chameantes.

Póla noite, aturuxos, cónchegas,pandeirada e, ademáis baile de organillo. Coas bañeiras, adeprendemos a bailar tódolos nenos daqueles tempos. Villalba, Guitiriz, Parga, Rábela, Sobrado, Aranga,Coiros e outros pobos eran donde viñan.

Escribo "AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA" Tal y como lo hizo Emilio Santos.